Elaboración
A redacción e publicación en forma de libro da súa biografía ou a dun ser querido é un proceso que leva bastante tempo. Téñao en conta especialmente se a idea é regalar a obra, por exemplo, por unha xubilación ou un aniversario; nese caso é conveniente facer o pedido con bastante antelación. Nesta páxina pode seguir as sucesivas fases do procedemento.
Recompilación de información. Este é o primeiro paso na preparación da obra. Unha primeira fonte de información son as entrevistas co protagonista da biografía, ou cos seus familiares e amigos. Para realizar estas entrevistas, o redactor desprazarase ao seu domicilio os días que sexa necesario. Unha alternativa (ou complemento) ás entrevistas é partir doutras fontes documentais das que dispoña, ou de notas ou textos que teña esbozados, aos que o redactor dará forma e unidade.
Recompilación de material gráfico. Aínda que non é imprescindible, sempre
recomendamos incluír unha selección de fotografías de diferentes épocas para ilustrar os acontecementos
relatados. Se só ten fotos en papel, podemos encargarnos da súa dixitalización e restauración.
Redacción e revisión. Coa información recompilada nas entrevistas ou nas fontes que nos proporcione, o noso redactor comezará o proceso de elaboración do texto, axustándose á modalidade escollida. Esta primeira versión da biografía someterase á súa consideración e será revisada e corrixida segundo as súas indicacións, observacións ou suxestións.
Maquetaxe, edición e envío. A partir do texto definitivo e do material gráfico, debidamente tratado, un equipo profesional encargarase do deseño da maquetaxe (organización de seccións, títulos, textos, fondos e imaxes) e da portada da obra. Unha vez finalizado o proceso, o orixinal envíase á imprenta. Imprimiranse tres exemplares (ou máis se o desexa) en tapa dura, con papel e acabados de primeira calidade. Os exemplares impresos envíanse directamente ao seu domicilio ou ao domicilio da persoa que nos indique.
Difusión. Todas as biografías que editamos engádense a unha serie do noso catálogo: a Colección Fe de Vida, que xa conta con varias ducias de títulos. Isto non significa, con todo, que o libro deba ser distribuído ou anunciado; en todo momento terá a liberdade de determinar a súa difusión. Se non pensa tanto na difusión como na perdurabilidade, podemos responsabilizarnos da súa custodia e garantir a súa presenza discreta nalgunhas bibliotecas e coleccións privadas.

Editorial Biografías y Vidas