Modalidades
Antes de formalizar o seu pedido, debe escoller a modalidade que mellor se adapte aos seus propósitos. Consúltenos en caso de dúbida.
Biografía. Esta é a modalidade máis común. Relátanse os acontecementos máis relevantes da vida da persoa en orde cronolóxica e organizados en capítulos: antecedentes familiares, nacemento, infancia, adolescencia e xuventude...
Bosquexo biográfico. Tamén se explica a vida da persoa por orde cronolóxica, pero centrando a historia na súa forma de ser e naqueles acontecementos clave que influíron dalgún modo na súa personalidade e traxectoria. Noutras palabras, o bosquexointerésase máis polo retrato e pola evolución do protagonista que pola narración detallada dos acontecementos, e por este motivo adoita ser máis breve. No libro-mostra atopará un exemplo de bosquexo biográfico.
Autobiografía. Como o nome indica, na autobiografía o autor relata a súa propia vida, narrándoa en primeira persoa. Se o desexa, o redactor pode adoptar a primeira persoa á hora de escribir o texto, de xeito que a biografía parecerá escrita polo propio protagonista.
Memorias. As memorias tamén se escriben en primeira persoa e distínguense das autobiografías
en que o centro de interese non é tanto a vida do protagonista como as súas lembranzas e testemuños sobre acontecementos
que presenciou ou personaxes históricos que coñeceu.
Anecdotario. Nalgúns casos pode preferirse unha obra máis lúdica, que recolle principalmente (tamén por orde cronolóxica) anécdotas interesantes, curiosas ou divertidas protagonizadas polo suxeito. Estas anécdotas pódense obter do propio protagonista ou, nun agasallo sorpresa, de parentes ou amigos.
Biografía testemuñal. Recolle fundamentalmente unha serie de testemuños de familiares e amigos do personaxe biografiado. Cada familiar ou amigo evoca, nun capítulo, as súas lembranzas e vivencias co protagonista, de xeito que os acontecementos e períodos poden solaparse dun capítulo a outro. É moi axeitada cando se quere renderlle á persoa unha homenaxe sorpresa.

Editorial Biografías y Vidas