Tarifas

O custo do servizo depende de factores como a modalidade escollida e a envergadura da obra. Xeralmente recomendamos encargar biografías curtas (dunhas cen páxinas), ilustradas con non máis de vinte e cinco fotografías. Manter a biografía dentro destes límites resulta nun prezo máis accesible e ademais adoita favorecer o interese e a amenidade, xa que permite ao editor seleccionar o que é realmente relevante. As tarifas tamén se poden reducir significativamente se prefire que partamos dun borrador elaborado por vostede ou doutras fontes documentais, evitando así que o redactor teña que desprazarse ao seu domicilio.

O custo final divídese en dous prazos: o primeiro ao completar o texto e o segundo ao recibir os exemplares impresos. Aínda que ao comezo do proceso terá que asinar un contrato, teña en conta que neste está claramente establecido que non está obrigado a pagar ningunha cantidade se a versión final do texto non é totalmente satisfactoria.

O carácter altamente personalizado dun servizo desta natureza practicamente impide proporcionar baremos indicativos. Preferimos, no seu lugar, estudar cada caso sen que iso implique ningún compromiso por parte do cliente. Non dubide en contactar connosco para recibir un orzamento detallado ou solicitar máis información.